viernes, 28 de septiembre de 2007

Castro Borneiro




Hoxe poñovos fotos dunha visita que fixemos ó Castro Borneiro, tamen coñecido como A Cibdá, e que está situado no concello da Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña, a 500 m (máis ou menos) da estrada LC-430 de Pontevedra a Baio. Non sei se se aprecia ben na foto, pero o castro está moi moi ben conservado; pero fáltalle sinalización, pois nós case o atopamos de casualidade. A poucos km. atópase o Dólmen de Dombate, co que me levei un chasco, pois estaba cuberdo de PDS (Plástico do Silo) e non se podía ver.
Aconsellovos que visitedes o castro porque é unha verdadeira xoia.

jueves, 20 de septiembre de 2007

O que un se atopa polo monte...

Despois do descanso polas vacacións, volvo con enerxias renovadas, e nunha das miñas viaxes polo monte, en busca de castros, etc... atopei o que podedes ver na seguinte imaxe.


Nada máis e nada menos que o que semella ser un canón antitanque da época da guerra civil (máis ou menos), que foi atopado nunha pista forestal da parroquia de Ardemil, pretiño de Ordes. Que nos deparará a seguinte viaxe?

Saudos!

lunes, 18 de junio de 2007

Verquido "ilegal" (??)

Primeiramente saúdos a todos. Para escomezar co meu primeiro blog, non podo pasar por alto algo que descubrín o pasado Venres. Estaba eu estudando para un exame de Saúde Pública (que precisamente teño mañá) un tema relacionado coas augas residuais; miña nai, que viu os apuntes díxome: "Pois aquí ó lado hai un "vertido contaminante desos", frase que me despertou do sono no que me atopaba por causa do constante estudo. Pregunteille o lugar no que aparecía aquel verquido, e avisei a un amigo, que veu conmigo a inspeccionar a zona. Pois sí, atopámonos a desagradable visión dun regato de cor máis ou menos parda, con escasa vexetación, agás fora da auga, e que tiña un cheiro.... chamémoslle "peculiar". Deixo fotos para que vexades.

Image Hosted by ImageShack.us

Image Hosted by ImageShack.us

Sen máis, unha aperta.